Con motivo da festividade das Letras Galegas, desde a Anpa do Ceip A Ponte queremos agasallar a tod@s @s nen@s do colexio cunha actuación cultural do coñecido artista Peter Punk. A data escollida será o xoves 18 de maio e terá lugar en horario escolar, nas instalacións do colexio.

Peter Punk é un artista multidisciplinar, que combina circo, malabares, humor e clown, nun espectáculo dirixido ao público infantil e en galego. Unha actuación que fará as delicias de cativas e cativos, creando un universo propio no que a línea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.
**Esta actividade está íntegramente financiada pola Anpa do Ceip A Ponte.