Con motivo de celebración do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, a ANPA do CEIP A Ponte en colaboración co centro, celebrou un acto para clausurar o proxecto de Igualdade realizado este ano.
No acto participou a artista ourensá 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐁𝐫𝐚𝐯𝐨 que acompañou o acto con música para poñer en valor este arte como medio de transmisión de mensaxes tan importantes como o NON A VIOLENCIA.

Todo o alumnado do centro tivo a oportunidades de escoitala así como de elaborar un mural colaborativo pintando coas súas mans ou debuxando un mundo libre de violencia.

Con este acto de clausura a ANPA pon fin ao proxecto Educando para unha sociedade mais igualitaria, agradecendo a todos e a todas a vosa participación.