Proposta – Actividades extraescolares 24/25

Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2024/2025. De esta proposta inicial, publicaremos máis tarde a tabla definitiva, en función dos/as inscritos/as nas mesmas, xa que a súa celebración depende de obter un número mínimo de participantes.

Esta é a OFERTA provisional de actividades extraescolares para o curso 2024/2025. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes:

NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2024/25  formalizarase únicamente mediante  este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace).

2. As persoas NON SOCIAS/OS da  ANPA DO CEIP A PONTE, deberán de pagar unha matrícula de 30 EUROS (para cada actividade) para poder participar na actividade.

3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o mércores 18/09/2024 (9:00h) e rematará o xoves 26/09/2023 (ás 15:00h).

4. O venres 27/09/202 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo para poder desenvolverse.

5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude.

6. As actividades comezarán o luns 30 de setembro de 2024.

7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan.

8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa.

9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares.

10. Para as ACTIVIDADES DEPORTIVAS é necesario ter contratado un seguro de accidentes (Externo ou o seguro da ANPA, que ten un coste de 6,50€) levar o material propio da actividade, e de seguridade (patinaxe). Podedes consultar o Seguro da ANPA en https://aponteanpa.gal/download/seguro-anpa-24-25/

11. A ANPA  poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade.

12. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE.

13. As actividades extraescolares rematarán no mes de xuño de 2025. Non haberá actividades na última semana lectiva deste mes.


Podedes coñecer a DESCRICIÓN e detalles de todas as ACTIVIDADES, neste documento en PDF.

Pica nesta imaxe para acceder a él.