Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2025/2026. De esta proposta inicial, publicaremos máis tarde a tabla definitiva, en función dos/as inscritos/as nas mesmas, xa que a súa celebración depende de obter un número mínimo de participantes.
Esta é a OFERTA provisional de actividades extraescolares para o curso 2025/2026. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes:
NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2025/26 formalizarase únicamente mediante este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace).
2. As persoas NON SOCIAS/OS da ANPA DO CEIP A PONTE, deberán de pagar unha matrícula de 30 EUROS (para cada actividade) para poder participar na actividade.
3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o mércores 17/09/2025 (9:00h) e rematará o xoves 25/09/2025 (ás 15:00h).
4. O venres 26/09/202 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo para poder desenvolverse.
5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude.
6. As actividades comezarán o mércores 1 de outubro de 2025.
7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan o monitor/a ou empresa, que imparte cada actividade.
8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa.
9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares. Para ter dereito a este servizo, deberase acreditar a necesidade do mesmo.
10. A ANPA poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade.
11. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE.
12. As actividades extraescolares rematarán no mes de xuño de 2026. Non haberá actividades na última semana lectiva dese mes.
CADRO DE PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 25/26
**ACTUALIZACIÓN: INCORPORACIÓN DA ACTIVIDADE VOLEIBOL
A actividade se oferta para os MARTES, en horario de 16 a 17h. Para nenos/as de 3º a 6º de Primaria. Coste: 30 euros o primeiro mes (camiseta de regalo) e 20 euros os seguintes meses. Imparte Club Voleibol Ourense.
Inscrición disponible no formulario de extraescolares.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER FÓRA DO CENTRO EDUCATIVO:

PREZOS DAS ACTIVIDADES OFERTADAS:

Podedes coñecer a DESCRICIÓN e detalles de todas as ACTIVIDADES, neste documento en PDF.
Pica nesta imaxe para acceder a él.
