Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2026/2027. De esta proposta inicial, publicaremos máis tarde a tabla definitiva, en función dos/as inscritos/as nas mesmas, xa que a súa celebración depende de obter un número mínimo de participantes.
Esta é a OFERTA provisional de actividades extraescolares para o curso 2026/2027. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes:
NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2026/27 formalizarase únicamente mediante este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace).
2. As persoas NON SOCIAS/OS da ANPA DO CEIP A PONTE, deberán de pagar unha matrícula de 30 EUROS (para cada actividade) para poder participar na actividade.
3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o xoves 17/09/2026 (9:00h) e rematará o venres 25/09/2026 (ás 15:00h).
4. O LUNS 28/09/202 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo para poder desenvolverse.
5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude.
6. As actividades comezarán o mércores 1 de outubro de 2026.
7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan o monitor/a ou empresa, que imparte cada actividade.
8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa.
9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares. Para ter dereito a este servizo, deberase acreditar a necesidade do mesmo.
10. A ANPA poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade.
11. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE.
12. As actividades extraescolares rematarán no mes de xuño de 2026. Non haberá actividades na última semana lectiva dese mes.
13. Se algún neno/a vai sair só/soa da actividade extraescolar é OBRIGATORIO enviar unha autorización asinada polo pai/nai ou titor legal reflexando tal circunstancia. Enviarase por correo electrónica a: actividades@aponteanpa.gal
CADRO DE PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 26/27
Inscrición disponible no formulario de extraescolares.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER FÓRA DO CENTRO EDUCATIVO:

PREZOS DAS ACTIVIDADES OFERTADAS:



