Do 1 ao 5 de setembro tivo lugar a segunda quenda do Igualcampa no CEIP A Ponte, unha actividade promovida pola ANPA e financiada pola Dirección Xeral de promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.
Unha das accións realizadas foi un Noticieiro «Novas da Ponte», continuando coas actividades programadas na primeira quenda de xuño, e onde desenvolveron a temática da igualdade en posibles feitos da vida cotidián.