Inscrición socia/socio curso 22/23
Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario: Cubrir este formulario online. Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal A CUOTA DE SOCIO/A: 20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte.30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte.O ingreso deberá de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA: IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224 **Importante: cambio de conta. Non é a conta bancaria de outros anos. **No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO. **Voltamos ás cuotas do 2019. DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 12 OUTUBRO 2022 SEGURO ESCOLAR: Igual que en anos anteriores, existe a posibilidade de contratar un Seguro de accidentes cun custe de 6€ nena/o. Podedes consultar aquí as coberturas. **Pódese sumar esta cantidade ao facer o pago da cuota de socia/o. ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 3 de outubro. BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA: O ano pasado as persoas socias beneficiáronse de: - Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar. - Dunha programación de actividades extraescolares - Dun magosto de balde no cole. - Da entrega dun libro a cada nena/o por parte do Apalpador. - Dunha representación de Rosalía estivese no cole sementando pensamentos. - Dunha comparsa que participou no entroido da Cidade e de Frei Canedo. - Dun obradoiro nos Maios que tivo varios premios. - De que se mudase o amarelo da fachada exterior por o MURAL DAS PIONEIRAS. - O ANPA FEST, a festa final de curso con inchables e música en directo. - Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio. Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA: - Disporán dun servizo de comedor para esporádicos, que comenzará o luns 19 de setembro. Informaremos en próximas datas das condicións deste servizo. - Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 3 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2022/23. - Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO. - Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e no caso de implantarse o servizo de esporádicos, soamente será para as persoas socias. - Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os nosas/os fillas/os.