Actividades extraescolares 22/23

  • Publicación de la entrada:

ACTUALIZADO: OFERTA DEFINITIVA EXTRAESCOLARES O LUNS 3 de OUTUBRO comenzamos as actividades extraescolares para este curso 2022/23. Logo de pecharse o prazo de inscrición e cotexadas as solicitudes, xa temos a OFERTA de extraescolares que se desenvolverán no colexio. Xa temos lista a OFERTA de actividades extraescolares para o curso 2022/2023. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes: NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2022/23  formalizarase únicamente mediante  este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace). 2. Para poder ser beneficiaria/o das actividades extraescolares ten que ser SOCIA/O da  ANPA DO CEIP A PONTE 3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o venres 16/09/2022 e rematará o martes 27/09/2022 (ambos inclusive). 4. O xoves 29/09/2022 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo de 10 alumnas/os para poder desenvolverse. 5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude. 6. As actividades comezarán o luns 3 de outubro de 2022. 7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan. 8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa. 9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares. 10. Para as ACTIVIDADES DEPORTIVAS é necesario ter contratado un seguro de accidentes (Externo ou o seguro da ANPA, que ten un coste de 6€) levar o material propio da actividade, e de seguridade (patinaxe). 11. A ANPA  poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade. 12. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE. 13. As actividades extraescolares rematarán o 20/06/2023. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 22/23 no CEIP A Ponte OFERTA de ACTIVIDADES FÓRA DO CENTRO PREZOS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 22/23 Podedes coñecer a DESCRICIÓN e detalles de todas as ACTIVIDADES, neste documento en PDF. Pica nesta imaxe para acceder a él.

Continuar leyendoActividades extraescolares 22/23

Inscrición socia/socio curso 22/23

  • Publicación de la entrada:

Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario:  Cubrir este formulario online. Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal A CUOTA DE SOCIO/A: 20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte.30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte.O ingreso deberá de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA: IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224 **Importante: cambio de conta. Non é a conta bancaria de outros anos. **No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO.  **Voltamos ás cuotas do 2019.   DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 12 OUTUBRO 2022   SEGURO ESCOLAR: Igual que en anos anteriores, existe a posibilidade de contratar un Seguro de accidentes cun custe de 6€ nena/o. Podedes consultar aquí as coberturas. **Pódese sumar esta cantidade ao facer o pago da cuota de socia/o. ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 3 de outubro. BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA:  O ano pasado as persoas socias beneficiáronse de: - Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar. - Dunha programación de actividades extraescolares - Dun magosto de balde no cole. - Da entrega dun libro a cada nena/o por parte do Apalpador. - Dunha representación de Rosalía estivese no cole sementando pensamentos. - Dunha comparsa que participou no entroido da Cidade e de Frei Canedo. - Dun obradoiro nos Maios que tivo varios premios. - De que se mudase o amarelo da fachada exterior por o MURAL DAS PIONEIRAS. - O ANPA FEST, a festa final de curso con inchables e música en directo. - Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio. Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA: - Disporán dun servizo de comedor para esporádicos, que comenzará o luns 19 de setembro. Informaremos en próximas datas das condicións deste servizo. - Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 3 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2022/23. - Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO. - Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e no caso de implantarse o servizo de esporádicos, soamente será para as persoas socias. - Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os  nosas/os fillas/os.

Continuar leyendoInscrición socia/socio curso 22/23

Benvida curso 2022/23

  • Publicación de la entrada:

Alégranos saudarvos e darvos unha agarimosa benvida ao novo curso escolar 2022/2023. Este curso volve ser moi especial, coa volta á tan desexada normalidade. As/os nenas/os ensináronnos o curso pasado que todo é posible e que eles poden lograr o que se propoñan. Todas/os nós, con responsabilidade, teremos que poñer o noso gran de area e axudalas/os neste novo curso, para que todo saia o mellor posible. Desde a ANPA do Ceip A Ponte estamos á vosa disposición para axudarvos no que precisedes. Nestes primeiros días abriremos o prazo para a alta e renovación de socios/as, e un pouco máis adiante xa teremos lista a oferta de actividades extraescolares. Desexámoslles a todas/os as/os nenas/os un curso cargado de aventuras, amizades, proxectos, … e moitas aprendizaxes!!

Continuar leyendoBenvida curso 2022/23

Información inicio de curso 2022/23

  • Publicación de la entrada:

Comeza un novo curso e imos con algunha información básica de interese ao respecto:SITUACIÓN ACTUAL: en relación ás entradas/saídas ao centro, servizo de comedor, acollida temperá, actividades extraescolares e actividades habituais do centro, vólvese á normativa pre-Covid.ACOLLIDA TEMPERÁ: o horario deste servizo será de 7:30 a 9:00. De igual maneira, haberá que facer uso do timbre situado na entrada principal do centro, e esperar a que o neno/a sexa recollido/a polos responsables do servizo.**Actualmente o servizo está COMPLETO.COMEDOR: haberá dúas quendas no comedor. A recollida dos nenos/as será entre as 15:30 e as 16:00. Os/as nenos/as que teñan actividades extraescolares, previa SOLICITUDE, xa pasarán directamente a elas, ás 16:00.SOCIAS/SOCIOS ANPA: a comezos do curso, abrirase un periodo de tempo para a realización de ALTAS, RENOVACIÓN OU BAIXA de socias/os da ANPA. Poremos á vosa disposición un 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐨𝐧𝐥𝐢𝐧𝐞 para ese proceso. A condición de socia/o para o presente curso deberá estar confirmada polo correspondente ingreso da cuota de socio/a.ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: as actividades comenzarán o luns 𝟑 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨.Desenvolveranse de luns a xoves, horario de 16 a 17h e de 17h a 18h. Venres o horario é soamente de 16 a 17h. A mediados de setembro, publicarase a 𝐨𝐟𝐞𝐫𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 para o curso 2022/23, e abrirase un periodo de inscrición ás mesmas.Estas actividades son para as/os socioas/os da ANPA do CEIP A PONTE. O desenvolvemento da actividade estará supeditado a un 𝐧ú𝐦𝐞𝐫𝐨 𝐦í𝐧𝐢𝐦𝐨 de inscricións.O número máximo de prazas para cada actvidade determinarase por estricto orden de inscrición.SERVIZO MUDA LIMPA:  recibidas as solicitudes, estamos actualmente estudando a xestión e custo do servizo.----------AVISO----------Ata que se abra o periodo de inscrición para os SOCIAS/OS deste curso 2022/23NON FAGADES NINGÚN INGRESO NA CONTA BANCARIA DA ANPA.

Continuar leyendoInformación inicio de curso 2022/23

«Anpa Fest» superado

  • Publicación de la entrada:

O venres 17 de xuño tivo lugar a 𝑨𝑵𝑷𝑨 𝑭𝑬𝑺𝑻 no 𝐂𝐄𝐈𝐏 𝐀 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄 onde @s cativ@s poideron disfrutar dunha boa tarde de festa e diversión, e que merecían moito logo dun curso tan atípico. Moitas grazas a tod@s @s que colaborastedes na organización do festival, a tod@s ás nais e pais e sobre todo aos nenos e nenas, que disfrutaron moito dos xogos e do concerto de Pakolas.

Continuar leyendo«Anpa Fest» superado

ANPA Fest no Ceip A Ponte

  • Publicación de la entrada:

O venres 17 de xuño celebramos a Festa de remate do curso escolar, para todos @s nen@s do colexio e organizada pola ANPA do Ceip A Ponte. Logo dun par de anos sen poder festexar, de novo voltamos con esta xa tradicional festa. É imprescindible a RESERVA de praza. O prazo máximo para facelo é o día 15 de xuño ás 15:00h. Podedes facelo de maneira sinxela neste FORMULARIO ENTRADA/SAÍDA: pola porta do parque. ASISTENCIA: gratuita para @s nen@s que sexan soci@s da ANPA Ceip A Ponte. Entrada de 5 euros para os "non socios/as". ACOMPAÑANTE: @s nen@s de 4º Infantil (3 anos) poderán estar acompañados dunha persoa adulta. HORARIOS: a festa comenzará ás 16:15 e rematará ás 20h. De 16:15 a 18:00: animación infantil, con inchables e xogos tradicionais. De 18:00 a 18:45: merenda (Indicade as intolerancias ou alerxias no formulario de inscrición). De 19:00 a 20:00: espectáculo musical co artista PAKOLAS. SAÍDA ANTICIPADA da Festa: de 18:30 a 18:45. Pola porta do parque. Necesaria autorización en caso de non ser a nai/pai/titor legal do neno/a. **Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas establecidas para elo, aportando autorización da nai/pai ou titor legal. Descarga do modelo autorización AQUÍ ¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal

Continuar leyendoANPA Fest no Ceip A Ponte