Actividades de Entroido no colexio

  • Publicación de la entrada:

Na semana do 13 ao 17 de febreiro, na antesala dos días fortes do Entroido na cidade, foron varias as visitas de máscaras tradicionais para dar a coñecer aos cativos/as algúns dos entroidos máis característicos da provincia de Ourense. Comenzamos o luns 13, coa visita de Paquita e Nicanor, máscaras típicas do Entroido de Seixalbo, no Concello de Ourense. En colaboración coa AV de Seixalbo e a Comisión de Festas de Seixalbo. O martes continuamos coa presenza no colexio do Boteiro de Viana do Bolo, e o seu fulión de bombos e aixadas. En colaboración co Concello de Viana do bolo.  E rematamos o xoves 16 coa visita das Pantallas de Xinzo de Limia, que fixeron as delicias de todos/as os nenos/as do Ceip A Ponte. Actividade en colaboración coa Asociación A Pantalla, de Xinzo de Limia. Para ensalzar tamén a gastronomía típica destes días, durante a mañán hobou reparto de orellas de Entroido polas aulas do centro, que tiveron un éxito total, xa que non quedou nin a primeira. O venres 17, tivo lugar un fabuloso DESFILE DE ENTROIDO, organizado polo colexio e onde participando todos os nen@s e coa temático do Circo, o maior espectáculo do mundo. Deixámosvos un video da comitiva entroideira, que desfilou polas rúas do barrio, ateigadas de xente para contemplar aos participantes. O luns de Entroido, unha numerosa representación de familias do Ceip A Ponte participaron no desfile do Entroido de Frei Canedo. Levaron a ledicia e a troula polas rúas do barrio, e sobretodo os/as nenos/as foron os que máis disfrutaron desta actividade.¡¡Viva o Entroido!!

Continuar leyendoActividades de Entroido no colexio

Entroido no Ceip A Ponte

  • Publicación de la entrada:

Coñecendo o Entroido de Ourense.Esta semana, desde a ANPA Ceip A Ponte temos preparadas varias actividades, para dar a coñecer aos nen@s do colexio algunhas máscaras do Entroido da nosa provincia. Paquita e NicanorEntroido de Seixalbo. En colaboración coa AV de Seixalbo e a Comisión de Festas de Seixalbo. Luns 13 de febreiro. O Boteiro e o fulión. Entroido de Viana do bolo. En colaboración co Concello de Viana do bolo. Martes 14 de febreiro. A Pantalla.Entroido de Xinzo de Limia. En colaboración coa Asociación A Pantalla. Xoves 16 de febreiro.Este mesmo día haberá reparto de orellas de Entroido para tod@s @s nen@s (con e sen glute). Participación no Desfile de Frei canedo. Luns 20 febreiro.Información e inscripción neste formulario 👇https://bit.ly/3I2ezhM **Na confección deste cartel, usáronse imaxes da artista Iria Prol.

Continuar leyendoEntroido no Ceip A Ponte

O apalpador visita o colexio

  • Publicación de la entrada:

O mércores 21 de decembro, o apalpador visitou o colexio, para facer unhas contadas e tamén darlles un agasallo aos nenos/as. Percorreu as diferentes aulas, durante toda a mañán, para achegar esta figura do Nadal tradicional aos alumnos/as do centro. Nos cursos de Infantil recibiron un puzzle dos Bolechas e en Primaria un conto en galego, adaptado á súa idade.Un agasallo da ANPA do Ceip A Ponte para todos os nenos/as do colexio. ¡¡BO NADAL!!

Continuar leyendoO apalpador visita o colexio

Pintamos o mundo de laranxa

  • Publicación de la entrada:

Con motivo de celebración do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, a ANPA do CEIP A Ponte en colaboración co centro, celebrou un acto para clausurar o proxecto de Igualdade realizado este ano. No acto participou a artista ourensá 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐁𝐫𝐚𝐯𝐨 que acompañou o acto con música para poñer en valor este arte como medio de transmisión de mensaxes tan importantes como o NON A VIOLENCIA. Todo o alumnado do centro tivo a oportunidades de escoitala así como de elaborar un mural colaborativo pintando coas súas mans ou debuxando un mundo libre de violencia. Con este acto de clausura a ANPA pon fin ao proxecto Educando para unha sociedade mais igualitaria, agradecendo a todos e a todas a vosa participación.

Continuar leyendoPintamos o mundo de laranxa

Acto de clausura. Proxecto igualdade.

  • Publicación de la entrada:

O venres 25 de novembro levouse a cabo no colexio o 𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐥𝐚𝐮𝐬𝐮𝐫𝐚 do Proxecto de Igualdade, que desenvolveuse durante o mes de novembro cos/coas nenos/as e familias da comunidade educativa do CEIP A Ponte. 🖥 Os/as alumnos/as visionaron un video-resumen dos 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 realizadas, disfrutaron da música en vivo de 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐁𝐫𝐚𝐯𝐨 e tamén construiron entre todos/as un 𝐦𝐮𝐫𝐚𝐥 colaborativo.

Continuar leyendoActo de clausura. Proxecto igualdade.