Nesta semana, moito que festexar

Comeza unha semana con moitas cousas que celebrar. Hoxe, día 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, estableceuse pola UNESCO en 1999 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural e para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento. O vindeiro mércores, día 23, celebraremos o Día de Rosalía, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro. A partir deste 2020 o día elexido será o 23 de febreiro. Pois, con motivo destas dúas celebracións, dende a ANPA decidimos celebralas coa presenza nas aulas da nosa escola dunha Rosalía que achegará a relevancia da nosa lingua materna e a importancia que a súa figura tivo para as nosa cultura. O venres tamén vai ser outro dos días sinalados no noso ciclo festivo... chega o ENTROIDO!!! e no colexio haberá celebracións para todos/as os/as nenos/as. Esperamos que disfruten do día e logo tamén dos días propios do Entroido.

Continuar leyendoNesta semana, moito que festexar

Día da paz no CEIP A Ponte

Hoxe venres 28 de xaneiro celébrase no colexio o "Día da Paz e da NON violencia". Un día para para fomentar e afianzar os valores da convivencia entre iguais e a non violencia. **A data oficial é o 30 de xaneiro, pero este ano, ao coincidir en domingo, faise a celebración hoxe venres. ¡¡FELIZ DÍA DA PAZ a tod@s!! Queremos compartir esta fermosa canción de Pablo Diaz, para este sinalado Día

Continuar leyendoDía da paz no CEIP A Ponte

Visita do apalpador

O Nadal está a chegar…Xa fai unhas semanas, unhas socios/as da ANPA foron ata o Courel na busca do Apalpador. Topárono facendo carbón para as cociñas e asando unhas castañas. Logo de botar unhas contadas ao carón do lume, convencérono para que veña facernos unha visita. Polo que vos anunciamos que o luns 20 de decembro o Apaldador visitará o colexio Ceip A Ponte. Saudará aos nenos/as e daralles un pequeno agasallo para disfrutar neste Nadal. @s nen@s que teñan que quedar estes días na casiña, recolleran o seu agasallo á volta das vacacións navideñas. O apalpador o deixará na súa aula. ¡¡BO NADAL!!

Continuar leyendoVisita do apalpador

Magosto no colexio

Este ano toca festexar o tradicional magosto da mellor maneira posible, dadas as circunstancias. Haberá festa no colexio (nas aulas e no patio) para tod@s @s nen@s e en horario lectivo. A ANPA Ceip A Ponte co-organiza a actividade co Colexio, subvencionando parte do menú magosteiro e aportando o grupo tradicional, para amenizar a festa. Non faltarán as castañas, asadas polas castañeiras; bolos preñados e bica. E todo elo acompañado pola música tradicional galega, tan típica da festa popular do San Martiño.¡¡E que VIVA O MAGOSTO!!

Continuar leyendoMagosto no colexio

Actividades extraescolares 2021-2022

Unha vez rematado o prazo de inscrición e cotexadas as solicitudes recibidas, a oferta de actividades extraescolares a desenvolver no Ceip A Ponte no presente curso académico, son as seguintes: Os nen@s que participarán en cada actividade, xa foron notificados desde a ANPA. Se algunha persoa non foi notificada, poden poñerse en contacto no enderezo: directiva@aponteanpa.gal IMPORTANTE: antes do comezo da actividade, é preciso cubrir o documento ANEXO II e entregalo á ANPA. Pode entregarse ao monitor da actividade, ou envialo por mail (actividades@aponteanpa.gal) ou depositalo no Buzón da ANPA no colexio. Algunhas consideracións importantes: Os socios/as da ANPA (ao corrente de pago) non terán que pagar matrícula nas actividades. As persoas NON socios/as terán que abonar unha cuota 20€ en concepto de "matrícula".O pagamento de cada actividade será mensual, a primeiros de cada mes, ao monitor/a ou na forma que este indique. Para patinaxe é necesario ter contratado un seguro de accidentes (seguro ANPA 6€), levar o material propio da actividade e de seguridade.*Pago de natación será na conta ANPA ( ES10 2038 4026 6260 0012 7365 ) pode pagarse integro (128€) antes do 02/11/21 ou trimestral: 1º trimestre: 32 € , data fin 02/11/21 | 2º trimestre: 48€ , data fin 10/01/22 | 3º trimestre:48€ , data fin 04/04/22.

Continuar leyendoActividades extraescolares 2021-2022