Na tarde do mércores coñecimos, mediante comunicación por correo electrónico do Equipo directivo do CEIP A PONTE, a decisión da Xunta de Galicia de suprimir unha aula de infantil (unha titora e unha mestra de apoio).
Ao longo do último trimestre dende a ANPA tivéronse varias conversas coa Dirección saínte sobre o número de novas matriculas e a previsión de organización para o curso 2023/24, dado que os números aumentaban en comparanza con anos anteriores, en ningún momento contemplouse a idea de supresión.
Unha vez que coñecemos a noticia e sen saber a motivación e xustificación que levou a adoptar a esta medida, dende a ANPA DO CEIP A PONTE queremos manifestar o noso total rexeitamento a esta decisión xa que consideramos:
- Nada pode xustificar o recorte dos medios materiais e humanos na educación pública.
- Débense manter as liñas existentes, xa que un menor número de alumnado por aula é positivo para mellorar a calidade do ensino das/os nosas/os fillas/os.
A reducción de aulas non é algo que sexa xeneralizado en aquelas escolas con baixa matrícula, polo que queremos saber cal foi o motivo que isto pase no CEIP A PONTE.
Por todo o anterior, solicitaremos á Xunta:
- O expediente que deu lugar a esta supresión.
- A inmediata restitución da liña suprimida.