OFERTA PECHADA extraescolares 23/24

O LUNS 2 de OUTUBRO comenzamos as actividades extraescolares para este curso 2023/24. Logo de pecharse o prazo de inscrición e cotexadas as solicitudes, xa temos a OFERTA de actividades extraescolares que se desenvolverán no colexio.O pagamento da actividade realizarase directamente ao monitor correspondente, según as condicións que se establezcan en cada unha delas.  As actividades que se desenvolven fóra do centro, os/as alumnos/as apuntados/as, será preciso acudir os días e horas que teñen establecidas. O pagamente farase directamente ao club ou persoa que desenvolva cada actividade concreta. Tedes todos a INFORMACIÓN ampliada sobre as actividades extraescolares do curso 23/24 neste enlace

Continuar leyendoOFERTA PECHADA extraescolares 23/24

Servizo comedor esporádicos 23/24

COMEZO DO SERVIZO o luns 2 de outubro. DATA LÍMITE PARA A SOLICITUDE-INSCRICIÓN DOS SERVIZOS: 𝟏𝟐 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 2023. Co fin de seguir mellorando as posibilidades de 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫 e despois das xestións coa empresa prestadora do 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫, desde a ANPA podemos anunciar que se habilita, un curso máis, este servizo para persoas que o precisen de forma esporádica. 🎒 Este Servizo é exclusivo para 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐬/𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐍𝐏𝐀.Coste do servizo: 4,5 €/día PASO 1: darse de alta cubrindo o seguinte 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 online:Formulario comedor esporádicos PASO 2: cubrir 𝐟𝐢𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐄𝐏𝐀 (domiciliación bancaria) cos datos bancarios e entregala no BUZÓN da ANPA (antes de usalo servizo). A empresa "SALA GRANDÍN" cargará a final de mes o importe da suma total de días que se usou o servizo.Enlace de DESCARGA: https://aponteanpa.gal/download/orde-sepa-comedor/ PASO 3: hai 𝐝ú𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 (opcións no formulario)A) FIXOS DISCONTÍNUOS: para os que precisan o servizo un ou varios días concretos á semana. Só deberán comunicar a súa NON asistencia chamando ao TLF do colexio 988 783 092, antes das 9:30h do propio día. No caso de non comunicar a NON asistencia en tempo e forma, o día cobrarase como asistencia. B) DÍAS SOLTOS: para aquelas persoas que non saben que días van precisar do servizo. Para acudir ao comedor, deben chamar ao colexio antes das 09:30h do propio día. Tlf: 988 783 092. QUENDAS DE COMEDOR Primeira quenda: 4º Educación Infantil a 2º Educación Primaria Segunda quenda: 3º Educación Primaria a 6º Educación Primaria HORARIOS DE SAÍDA DE COMEDOR Primeira quenda: 15:00 Segunda quenda: 15:30 ** Para facilitar a conciliación familiar, pódese solicitar o cambio da hora de saída, existindo para elo 4 posibilidades: 15:00h; 15:30h; 16:00h ou paso a extraescolares. RECOLLIDA DOS NENOS/AS A recollida das/os nenas/os SOAMENTE será realizada polas súas nais / pais / titor/a legal ou as persoas autorizadas expresamente no formulario de inscrición ao servizo. No caso de que a recollida realícese por unha persoa allea ás indicadas, deberá informarse por TLF ao colexio: 988 783 092, antes das 9:30h do propio día.

Continuar leyendoServizo comedor esporádicos 23/24

Actividades extraescolares 23/24

Presentamos a oferta de actividades extraescolares para o curso 2023/2024. De esta proposta inicial, publicaremos máis tarde a tabla definitiva, en función dos/as inscritos/as nas mesmas, xa que a súa celebración depende de obter un número mínimo de participantes. Esta é a OFERTA provisional de actividades extraescolares para o curso 2023/2024. Antes de botarlle unha ollada, tede en consideración algunhas puntualizacións importantes: NORMATIVA INTERNA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 1. A INSCRICIÓN nas actividades extraescolares da ANPA DO CEIP A PONTE para o curso 2022/23  formalizarase únicamente mediante  este FORMULARIO ONLINE (pica no enlace). 2. As persoas NON SOCIAS/OS da  ANPA DO CEIP A PONTE, deberán de pagar unha matrícula de 30 EUROS (para cada actividade) para poder participar na actividade. 3. O PRAZO DE INSCRICIÓN nas actividades comenzará o venres 15/09/2023 e rematará o mércores 27/09/2023 (ambos inclusive). 4. O venres 29/09/2023 anunciaremos na nosa web (www.aponteanpa.gal) o listado de actividades que acadaron o número mínimo de 10 alumnas/os para poder desenvolverse. 5. As actividades teñen un AFORO MÁXIMO establecido e a admisión nas actividades será por orden de solicitude. 6. As actividades comezarán o luns 2 de outubro de 2023. 7. O PAGAMENTO de cada actividade será ao comezo de cada mes e irá determinado por quen imparte a actividade. Haberá que efectualo nas condicións que se establezcan. 8. No caso de querer darse de baixa dunha actividade, é necesario avisar ao monitor/a e tamén á ANPA, no correo: actividades@aponteanpa.gal , antes do día 25 do mes anterior a causar a baixa. 9. Para o ALUMNADO DE COMEDOR que pase directo á extraescolar das 16:00h, é necesario solicitar ese servizo no formulario de inscrición das extraescolares. 10. Para as ACTIVIDADES DEPORTIVAS é necesario ter contratado un seguro de accidentes (Externo ou o seguro da ANPA, que ten un coste de 6€) levar o material propio da actividade, e de seguridade (patinaxe). 11. A ANPA  poderá aplicar como medida sancionadora a exclusión da actividade (temporal ou definitiva) por comportamento inapropiado, a quen altere constantemente o normal funcionamento da actividade. 12. As actividades só se desenvolverán os días lectivos do CEIP A PONTE. 13. As actividades extraescolares rematarán no mes de xuño de 2024. Podedes coñecer a DESCRICIÓN e detalles de todas as ACTIVIDADES, neste documento en PDF. Pica nesta imaxe para acceder a él.

Continuar leyendoActividades extraescolares 23/24

Inscrición socia/socio curso 23/24

Para formar parte da ANPA do CEIP A Ponte será necesario:  Cubrir este formulario online. Enviar por mail o xustificante de pago da cuota a: contacto@aponteanpa.gal A CUOTA DE SOCIO/A: 20 euros para aquelas familias cun único nena/o no CEIP A Ponte. 30 euros para as familias que teñen máis de unha nena/o no CEIP A Ponte. O ingreso deberá de realizarse mediante transferencia bancaria ou presencialmente en calquera sucursal de CAIXA RURAL GALEGA, na conta a nome da ANPA: IBAN: ES47 3070 0043 0163 1796 0224 **No concepto debe figurar o NOME DE CADA NENA/O E CURSO.    DATA LÍMITE PARA FACER A INSCRICIÓN: 12 OUTUBRO 2023   SEGURO ESCOLAR: Igual que en anos anteriores, existe a posibilidade de contratar un Seguro de accidentes cun custe de 6€ nena/o. Podedes consultar aquí as coberturas. **Pódese sumar esta cantidade ao facer o pago da cuota de socia/o. ** A cobertura do seguro comeza o 1 de outubro de 2023. ACTIVIDADES: Nestes momentos estamos traballando na oferta de  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, das que nos próximos días teredes máis información. A previsión é que podamos comezar o día 2 de outubro. BENEFICIOS DE SER SOCIA/O DA ANPA:  O curso pasado as persoas socias beneficiáronse de: - Dun servizo de Acollida temperá que permitiu a conciliación familiar. - Dunha programación de actividades extraescolares.  - Dun magosto no cole. - Da entrega dun libro a cada nena/o por parte do Apalpador. - Dunha representación de Rosalía de Castro, que visitou o colexio. - Actividades no colexio para coñecer diferentes Entroidos da provincia de Ourense. - Dunha comparsa que participou no entroido de Frei Canedo. - Participación activa nun Proxecto de Igualdade, desenvolvido durante varias semanas, no CEIP A Ponte.   - Dun obradoiro nos Maios que tivo varios premios. - Dunha actuación circense e musical, para festexar o Día das letras galegas.  - O ANPA FEST, a festa final de curso con inchables, festa da escuma e moita diversión. - Dunha comunicación directa de todo o traballo institucional que se fixo no Consello escolar e coa Dirección do colexio. Por iso, para este novo curso que comeza queremos que os BENEFICIOS sigan medrando para as persoas socias da ANPA: - Disporán dun servizo de comedor para esporádicos. Informaremos en próximas datas das condicións deste servizo. - Participación nas actividades extraescoles, que comenzarán o luns 2 de outubro. En próximas datas comunicaremos a oferta para o curso 2023/24. - Disfrutarán das actividades festivas e outras complementarias, que terán lugar durante o curso, cun coste CERO. - Servizo de acollida temperá cun prezo reducido, e tamén o servizo de esporádicos. - Comunicación directa de todo o traballo institucional, tanto no Consello escolar como coa Dirección e outras administracións, para mellorar a educación que reciben as/os  nosas/os fillas/os.

Continuar leyendoInscrición socia/socio curso 23/24

NON aos recortes no CEIP A Ponte

Dende o mes de xuño, o CEIP A PONTE leva sufrindo un cúmulo de recortes tanto de persoal docente (3 MESTRAS), como de persoal laboral ( 1 COIDADOR). Estamos a reclamar á XUNTA os recursos humanos e materiais QUE NECESITAMOS E QUE NOS PROMETERON. A día de hoxe, non podemos dar cobertura a TODAS as necesidades do centro, isto IMPLICA un aumento da tensión da comunidade escolar, que fai que MERME A CALIDADE DO ENSINO QUE RECIBE TODO O ALUMNADO. Non estamos falando de algo puntual, estes RECORTES que se nos están aplicando, chegan dun día para outro, ata o punto de VULNERAR OS DEREITOS LABORAIS e fundamentais, de toda a comunidade educativa que implica que cunha falta de persoal, o alumnado deixe de ser atendido. Non somos un colexio de segunda categoria, merecemos os medios necesarios para atender dignamente e como se merecen, ao alumnado da ensinanza pública, para poder acadar a MÁXIMA CALIDADE DO TRABALLO que nel se realiza. Con este comunicado queremos que a sociedade saiba o que nos está a contecer. NON PEDIMOS NADA PARA NÓS, pedimos para as/os alumnas/os do CEIP A PONTE. Asdo. CLAUSTRO DO CEIP A PONTE E REFRENDADO POLO CONSELLO ESCOLAR .

Continuar leyendoNON aos recortes no CEIP A Ponte

COMUNICADO: supresión dun coidador/a no CEIP A Ponte

O pasado día 27/07/2023 esta ANPA recibe comunicación por parte do Equipo Directivo do CEIP A Ponte da supresión dunha auxiliar coidadora do centro (de 3 coidadores/as pasan a ser 2) e tras a comunicación das 5 familias que teñen un fillo con necesidades decoidador/a a tempo completo no centro. EXPOÑEMOS Esta decisión que afecta directamente á calidade educativa e á inclusión deste alumnado, que segundo a “Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia” no seu articulado recóllese o seguinte :Artigo 79:1.Os centros docentes contarán coas persoas profesionais especializadas que necesiten para atender ás necesidades educativas a totalidade do alumnado que escolarizan; A proposta de atención ao alumnado por parte do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica o de Audición e Linguaxe, se realizará segundo dispón o artigo 57 desta orden; Entre os recursos profesionais para atender á diversidade se considera ao persoal auxiliar coidador, o persoal interprete de linguaxe de singnos todas as persoas profesionais específicas que integran os centros de educación especial”Artigo 80:O persoal auxiliar coidador se entende como un recurso profesional de apoio aos centros docentes para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais escolarizado no segundo ciclo da Educación Infantil, na Educación Primaria, enEducación Secundaria Obrigatoria e, excepcionalmente, en Educación Secundaria Postobligatoria que presente algunha das seguintes características: a) Necesidade de ser acompañado en todos ou en parte dos seus desprazamentos; b)Necesidade de asistencia na súa hixiene e aseo; c) Necesidade de asistencia imprescindible na súa alimentación; d) Necesidade de cambios posturais frecuentes ao longo da xornada escolar para os que careza de autonomía necesaria; e) Ausencia de hábitos básicos de autonomía e de vida en sociedade. As cinco familias ás que se lle foi comunicada a supresión teñen alumnado que presenta no seu dictame de escolarización “coidador a tempo completo” (tanto dentro, como fóra da aula ordinaria). Polo que é materialmente imposible que dous auxiliarescoidador poidan atender as necesidades deste 5 alumnos que, debido ás súas características particulares e diversidade funcional, precisan da súa axuda non só para a atención das súas necesidades básicas de autonomía persoal e desprazamento, se non tamén dentro das aulas en momentos lectivos nos que non teñen presente á súa PT de referencia (debido isto a que existe un gran número de alumnado con necesidades educativa, dificultades de aprendizaxe e outras sintomatoloxías que non precisan de coidador, excedendo a ratio de alumno por mestre especialista e véndose deste xeitosaturadas/os e ofrecendo unha intervención cunha carga horaria deficitaria para o alumnado que atenden, dado que non se amplía o catálogo de Mestres especialistas de PT e AL, algo moi necesario para executar unha boa intervención e unha inclusión axeitada deste alumnado.Isto vai sempre en detrimento de todos os alumnos con diversidade funcional, non só dos 5, e atenta contra os seus dereitos a ter unha ensinanza de calidade, igualdade de oportunidades e á…

Continuar leyendoCOMUNICADO: supresión dun coidador/a no CEIP A Ponte