Incidencias no servizo de comedor

  • Publicación de la entrada:

Un dos problemas recorrentes no CEIP A Ponte nos últimos anos era/é o servizo de comedor. Este verán houbo unha nova licitación do contrato por parte da Xunta de Galicia, había posibilidades dalgún cambio da prestadora do servizo e no mes de setembro a adxudicataria volve ser SALA GRADÍN, a un prezo de 5,70 €/neno día (un aumento a aproximado 2 € en relación á adxudicación anterior) cunha duración de 2 anos máis 2 prorrogables. En anos anteriores, unha das escusas reiteradas de SALA GRADÍN para non mellorar a calidade das comidas era o orzamento moi axustado ante unha situación de constante subida prezos. Co nova adxudicación, cun aumento substancial do prezo agardábamos que a calidade da comida tamén fose substancialmente maior, pero visto que isto non acontecía, fomos trasladando as incidencias do servizo á Dirección do centro para que lle dese traslado á empresa ao ser a responsable do servizo. Nas últimas semanas as queixas que nos trasladan as familias foron en aumento e  solicitamos reunirnos persoalmente coas monitoras/es e coa xerencia de Sala Gradín encargadas do comedor. A primeira das reunións celebrouse o 20/02/24 e a segunda o 14/03/24, nas dúas estaba presente a dirección do centro,e dende a ANPA trasladamos as queixas e reclamacións das familias sobre o funcionamento do servizo e as consideracións sobre os diversos incumprimentos do prego de contratación ao noso entender.  ----------------------------------------------------------------- Podéndose resumir nos seguintes puntos: 1. CALIDADE DA COMIDA O maior dos problemas é falta de calidade do produto polo que solicitamos: Un maior tamaño da porción dos alimentos ricos e proteínas (carne, peixe, ovo...) que permitan un aumento do valor nutricional. Aumentar os tamaños das racións a servir Utilización de diferentes técnicas para a elaboración dos pratos Menús mensuais acorde á tempada e equilibrados Variedade de alimentos con alto contido en nutrientes Especificar tipos de froita servida Neste punto fixo tamén quixemos deixar claro de varias cuestións xerais: A temperatura da comida servida ten que ser óptima, non podendo suceder que estean frías. A importancia do sabor da comida é básico para a súa inxesta e hai que coidalo, non se pode permitir malos sabores como: a queimado ou simplemente inindentificables. A publicación na web do centro da :  - Programación mensual do menú cunha antelación mínima de 15 días  - Fichas técnicas dos pratos, sendo un anexo do meú mensual. 2. ORGANIZACIÓN DO SERVIZO Trasladamos a sensación de falta de organización cando se presta o servizo, tanto dentro do propio comedor como na xestión do tempo de lecer, polo que fixemos as seguintes suxestións para tentar mellorar a organización: Para evitar que a comida enfrie, proponse servir en prato e non servir o 1º e o 2º á vez. Facilitarase o coitelo na 2° quenda de comedor e valorarase para 1° e 2° de primaria. Reparto da froita, asegúrase que a todo nena/o se lle dá unha peza de froita podendo escoller en cortada/dividida ou enteira. Anteriormente a froita sobrante devolvíase á empresa, dende vai unhas semanas queda no…

Continuar leyendoIncidencias no servizo de comedor

Día de Rosalía no CEIP A Ponte

  • Publicación de la entrada:

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) no colexio, contamos con Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo, adaptado aos diferentes ciclos. O espectáculo xiraba en torno a dúas investigadoras, que buscaban unha misteriosa muller, moi importante para as/os galegas/os, e que as/os nenas/os debán adiviñar. A solución ao enigma era a nosa querida Rosalía de Castro. Unha actividade promovida pola ANPA do Ceip A Ponte, para darlle a coñecer as/os nenas/os a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galegas.

Continuar leyendoDía de Rosalía no CEIP A Ponte

Desfile de comparsas de Frei Canedo

  • Publicación de la entrada:

O luns de Entroido, unha numerosa representación de familias da Anpa do CEIP A Ponte participaron no desfile do Entroido de Frei Canedo, coa comparsa "Xogos de mesa", aproveitando os disfraces que fixeron os/as nenos/as no colexio. Levaron a ledicia e a troula polas rúas do barrio, guiados por Tito, o noso guía entroideiro. E pasados uns días, comunicáronnos desde a organización de que o noso grupo acadou o Primeiro Premio do concurso de comparsas. ¡Qué boa noticia! ¡¡Viva o Entroido!!

Continuar leyendoDesfile de comparsas de Frei Canedo

Felos e Madamas de Esgos

  • Publicación de la entrada:

Hoxe martes 6 de febreiro continuamos coas actividades Entroideiras no colexio, e tocou a visita dos Felos e Madamas de Esgos, unha máscara tradicional do Entroido do Concello de Esgos, e máis en concreto, da parroquia de Rocas.Acompañáronnos 3 felos e 2 madamas, que expricaron aos alumnos/as as peculiaridades do seu Entroido, do seu traxe e da súa carauta tan peculiar. Sairán o domingo 10 de febreiro polas aldeas e pobos de Esgos.Agradecer á Asociación Cultural de Felos e Madamas de Esgos por achegar o seu Entroido aos nenos noso/as do CEIP A Ponte, e tamén aos mestres/as do centro pola colaboración nesta actividade.

Continuar leyendoFelos e Madamas de Esgos

Visita das Pitas de Eiroás

  • Publicación de la entrada:

Hoxe luns 29 de xaneiro comenzamos as actividades Entroideiras deste curso, coa visita das Pitas de Eiroás, unha máscara tradicional do Entroido do barrio de Eiroás, na nosa cidade. Acompañáronnos un par de pitas e unha "presentadora", que expricaron aos alumnos/as as peculiaridades do seu Entroido, do seu traxe e da súa máscara. Trouxeron con eles unhas olas, que serán decoradas nas aulas polo nenos/as e logo tomarán protagonismo no Domingo Oleiro, o 4 de febreiro. O xogo das olas terá lugar ás 17:00h na Praza de Eiroás, e fomos convidados/as a devolverlles a visita. Agradecer á Asociación Cultural Amigos da Pita por achegar o seu Entroido ao noso colexio, e tamén aos mestres/as do centro pola colaboración nesta actividade.

Continuar leyendoVisita das Pitas de Eiroás