ANPA Fest no Ceip A Ponte

O venres 17 de xuño celebramos a Festa de remate do curso escolar, para todos @s nen@s do colexio e organizada pola ANPA do Ceip A Ponte. Logo dun par de anos sen poder festexar, de novo voltamos con esta xa tradicional festa. É imprescindible a RESERVA de praza. O prazo máximo para facelo é o día 15 de xuño ás 15:00h. Podedes facelo de maneira sinxela neste FORMULARIO ENTRADA/SAÍDA: pola porta do parque. ASISTENCIA: gratuita para @s nen@s que sexan soci@s da ANPA Ceip A Ponte. Entrada de 5 euros para os "non socios/as". ACOMPAÑANTE: @s nen@s de 4º Infantil (3 anos) poderán estar acompañados dunha persoa adulta. HORARIOS: a festa comenzará ás 16:15 e rematará ás 20h. De 16:15 a 18:00: animación infantil, con inchables e xogos tradicionais. De 18:00 a 18:45: merenda (Indicade as intolerancias ou alerxias no formulario de inscrición). De 19:00 a 20:00: espectáculo musical co artista PAKOLAS. SAÍDA ANTICIPADA da Festa: de 18:30 a 18:45. Pola porta do parque. Necesaria autorización en caso de non ser a nai/pai/titor legal do neno/a. **Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas establecidas para elo, aportando autorización da nai/pai ou titor legal. Descarga do modelo autorización AQUÍ ¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal

Continuar leyendoANPA Fest no Ceip A Ponte

Mural das Pioneiras

Para rematar o ano lectivo, podemos sentirnos orgullosos/as de contar cun novo mural situado na Rúa Xesús Pousa, no muro exterior do colexio, xunto coa «nosa Rosalía». Un proxecto promovido dende a ANPA do CEIP A PONTE no 2022 e financiado polo Concello de Ourense. O artista Camilo Dasilva é o autor do Mural das Pioneiras. Tedes INFORMACIÓN DETALLADA na sección Pioneiras da nosa web.

Continuar leyendoMural das Pioneiras

Festa dos maios

O domingo 1 de maio tivo lugar a Festa dos maios na cidade de Ourense, participando nesta xornada festiva cun maio tradicional na categoría de "Maio infantil", elaborado polos nenos/as que acudiron ao  obradoiro organizado pola Anpa.  Durante toda a mañán os nenos/as estiveron disfrutando do gran ambiente da festa dos maios e cantando as coplas para o público. Tamén o fixeron para o Xurado desta edición, que tomou boa conta do bo facer dos cativos/as.  A Ponte Vella, ben presente no noso maio Xa pola tarde, na Praza Maior, tivo lugar a entrega de Premios do Xurado. Na categoría de "coplas infantís", a nosa cantada estivo entre os finalistas, aínda que non logrou premio.Pero a ledicia chegou un pouco máis tarde. Na categoría de "maio infantil", o maio da Anpa do Ceip A Ponte logrou o Primerio premio. Os cativos/as subiron ao escenario e recibiron o premio das mans do alcalde e tamén un gran aplauso de todo o público asistente. https://aponteanpa.gal/wp-content/uploads/2022/05/IMG_3265.movE os éxitos dos nenos/as de A Ponte non rematan aquí. No concurso organizado polo diario "La Región", as coplas da Anpa Ceip a Ponte resultaron gañadoras na categoría "Coplas infantís". 

Continuar leyendoFesta dos maios

Obradoiro «Os Maios»

Dende a ANPA CEIP A PONTE queremos dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade organizando un obradoiro para a confección de coplas e do maio que se desenvolverá en 4 xornadas. Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual. ¿Cómo me apunto?Pode apuntarse aquí ata o 20 de abril. ¿Ten Custe?A actividade é de balde ¿Qué obxectivos ten a actividade?- Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.- Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.- Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.- Aprender a divertirse coa natureza. ¿Cando se desenvolve a actividdade?? Venres 22 de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte17:00 - 17:15 = Actividade: ¿Qué son os Maios?17:15 - 17:30 = Xogo: Arañeira17:30 - 18:30 = Actividade: ¿Qué son as Coplas? Venres 29 de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte17:00 - 17:30 = Xogo: Bingo!17:30 - 18:30 = Actividade: Creando un maio Sábado 30 de 10:30 a 12:30h no CEIP A Ponte10:30 - 10:45 = Xogo: Actívate!10:45 - 11:15 = Actividade: Creando un maio11:15 - 11:30 = Xogos distendidos11:30 - 12:30 = Actividade: Creando un maio Domingo 1 de 10:30 a 13:00 na Rúa do Paseo10:30 - 13:00 = Cantar as coplas a carón do maio  Agardamos que esta actividade sexa do seu agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!

Continuar leyendoObradoiro «Os Maios»

Participación no Entroido da cidade

A comparsa “O Parchís da Ponte” participou no Desfile de Entroido de Ourense. Moita diversión para tod@s e sobretodo para os cativ@s, que disfrutaron moito desta actividade. E o luns tocou participar tamén no Desfile de Frei Canedo, no barrio da Ponte. *Dar as grazas a Gadis pola súa colaboración e axudar coa loxística da comparsa. ¡¡Viva o Entroido!!

Continuar leyendoParticipación no Entroido da cidade

Visita de «Rosalía» ao CEIP A Ponte

Hoxe 23 de febreiro, unha Rosalía de Castro moi especial estivo de visita no CEIP A Ponte, para achegar aos cativos/as a relevancia desta figura na nosa historia e a nosa cultura. Botoulles unha cantada, leu uns versos de Rosalía e tamén “sementou pensamentos”, regalando unha planta a cada aula. Con esta iniciativa, desde a ANPA queremos complementar as actividades do colexio para festexar este día tan especial para todos/as. Grazas a Laura Míguez, a nosa “Rosalía”, por unha visita moi agarimosa e feita con moito sentimento. #diaderosalia #23febreiro #rosaliadecastro #sementadepensamentos #ceipaponte #ourense

Continuar leyendoVisita de «Rosalía» ao CEIP A Ponte