Anpa Fest 2025

Anpa Fest 2025 no CEIP A Ponte. Festa de fin de curso para os socios/as da ANPA, cunha chea de actividades lúdicas, para despedir o curso escolar da mellor maneira.

Continuar leyendoAnpa Fest 2025

Día de Rosalía de Castro

O luns 24 febreiro, desde a ANPA quixemos festexar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) traendo ao colexio a representación da obra "Aqueladoras de letras", representada por A RUN RUN. A actividade desenvolveuse na nova biblioteca, cunha sesión por niveles para primaria e outra sesión para infantil. ** Sinopse:"AQUELADORAS DE LETRAS". Encargadas de coidar, mimar e protexer a riqueza escrita que nos deixaron os nosos escritores e escritoras.Eu son Aqueladora. Nós quitámos o pó, dámoslle luz, arrincamos palabras mal escritas que poidan medrar ao seu redor, hidratamos....e sobre todo, sobre todofacemos que as palabras e os seus autores non se perdan no esquecemento....queremos que todo o mundo se achegue ao romanticismo de Rosalía.A vida de Rosalía de Castro como fío conductor desta contada teatralizada. Contos, Caldo, versos e cancións.

Continuar leyendoDía de Rosalía de Castro