Día de Rosalía de Castro

  • Publicación de la entrada:

O luns 24 febreiro, desde a ANPA quixemos festexar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) traendo ao colexio a representación da obra "Aqueladoras de letras", representada por A RUN RUN. A actividade desenvolveuse na nova biblioteca, cunha sesión por niveles para primaria e outra sesión para infantil. ** Sinopse:"AQUELADORAS DE LETRAS". Encargadas de coidar, mimar e protexer a riqueza escrita que nos deixaron os nosos escritores e escritoras.Eu son Aqueladora. Nós quitámos o pó, dámoslle luz, arrincamos palabras mal escritas que poidan medrar ao seu redor, hidratamos....e sobre todo, sobre todofacemos que as palabras e os seus autores non se perdan no esquecemento....queremos que todo o mundo se achegue ao romanticismo de Rosalía.A vida de Rosalía de Castro como fío conductor desta contada teatralizada. Contos, Caldo, versos e cancións.

Continuar leyendoDía de Rosalía de Castro

Comparsa Entroido Frei Canedo

  • Publicación de la entrada:

Unha das actividades previstas no Entroido, é a participación dunha comparsa representativa de nais/pais e nenas/nenos do nosos colexio, no Desfile de Frei Canedo. O luns 3 de marzo polas rúas do barrio. Aproveitaremos os disfraces empregados no desfile do colexio (venres 28 febreiro), coa temática de "Ao longo da historia" (as persoas maiores deberán ir disfrazadas da mesma etapa histórica que a nena/o que acompañan) para participar no Desfile de Frei Canedo. Para planificar con tempo a participación na actividade, precisamos que fagades a inscripción neste formulario:https://forms.gle/tgSA441WyH4Saxkp8 Esperamos que vos animedes a participar e que¡¡Viva o Entroido!!

Continuar leyendoComparsa Entroido Frei Canedo