Servizo comedor esporádicos 24/25
COMEZO DO SERVIZO o luns 30 de setembro. DATA LÍMITE PARA A SOLICITUDE-INSCRICIÓN DOS SERVIZOS: 𝟏𝟐 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 2024. Co fin de seguir mellorando as posibilidades de 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐢𝐥𝐢𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫 e despois das xestións coa empresa prestadora do 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐞𝐝𝐨𝐫, desde a ANPA podemos anunciar que se habilita, un curso máis, este servizo para persoas que o precisen de forma esporádica. Este Servizo é exclusivo para 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐬/𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐀𝐍𝐏𝐀.Coste do servizo: 4,5 €/día PASO 1: darse de alta cubrindo o seguinte 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐮𝐥𝐚𝐫𝐢𝐨 online:Formulario comedor esporádicos PASO 2: cubrir 𝐟𝐢𝐜𝐡𝐚 𝐒𝐄𝐏𝐀 (domiciliación bancaria) cos datos bancarios e entregala no BUZÓN verde, na entrada do colexio (antes de usalo servizo) ou enviala por mail a: directiva@aponteanpa.gal (firmada electrónicamente). A empresa "SALA GRANDÍN" cargará a final de mes o importe da suma total de días que se usou o servizo.Enlace de DESCARGA: https://aponteanpa.gal/download/orde-sepa-comedor/ PASO 3: hai 𝐝ú𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐝𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 (opcións no formulario)A) FIXOS DISCONTÍNUOS: para os que precisan o servizo un ou varios días concretos á semana. Só deberán comunicar a súa NON asistencia chamando ao TLF do colexio 988 783 092, antes das 9:30h do propio día. No caso de non comunicar a NON asistencia en tempo e forma, o día cobrarase como asistencia. B) DÍAS SOLTOS: para aquelas persoas que non saben que días van precisar do servizo. Para acudir ao comedor, deben chamar ao colexio antes das 09:30h do propio día. Tlf: 988 783 092. QUENDAS DE COMEDOR Primeira quenda: 4º Educación Infantil a 2º Educación Primaria Segunda quenda: 3º Educación Primaria a 6º Educación Primaria HORARIOS DE SAÍDA DE COMEDOR Primeira quenda: 15:00 Segunda quenda: 15:30 ** Para facilitar a conciliación familiar, pódese solicitar a saída ás 16:00h ou que pasen directamente a extraescolares. RECOLLIDA DOS NENOS/AS A recollida das/os nenas/os SOAMENTE será realizada polas súas nais / pais / titor/a legal ou as persoas autorizadas expresamente no formulario de inscrición ao servizo. No caso de que a recollida realícese por unha persoa allea ás indicadas, deberá informarse por TLF ao colexio: 988 783 092, antes das 9:30h do propio día.