COMUNICADO: supresión dunha aula de infantil

Na tarde do mércores coñecimos, mediante comunicación por correo electrónico do Equipo directivo do CEIP A PONTE, a decisión da Xunta de Galicia de suprimir unha aula de infantil (unha titora e unha mestra de apoio).Ao longo do último trimestre dende a ANPA tivéronse varias conversas coa Dirección saínte sobre o número de novas matriculas e a previsión de organización para o curso 2023/24, dado que os números aumentaban en comparanza con anos anteriores, en ningún momento contemplouse a idea de supresión.Unha vez que coñecemos a noticia e sen saber a motivación e xustificación que levou a adoptar a esta medida, dende a ANPA DO CEIP A PONTE queremos manifestar o noso total rexeitamento a esta decisión xa que consideramos: Nada pode xustificar o recorte dos medios materiais e humanos na educación pública. Débense manter as liñas existentes, xa que un menor número de alumnado por aula é positivo para mellorar a calidade do ensino das/os nosas/os fillas/os. A reducción de aulas non é algo que sexa xeneralizado en aquelas escolas con baixa matrícula, polo que queremos saber cal foi o motivo que isto pase no CEIP A PONTE.Por todo o anterior, solicitaremos á Xunta: O expediente que deu lugar a esta supresión. A inmediata restitución da liña suprimida.

Continuar leyendoCOMUNICADO: supresión dunha aula de infantil

Así foi o Anpa Fest 2023

O venres 16 de xuño tivo lugar o ANPA FEST no CEIP A PONTE, onde @s cativ@s poideron disfrutar dunha boa tarde de festa e diversión, e que merecían moito, logo dun curso cheo de aprendizaxe e esforzo. Nunha tarde calurosa, os inchables acuáticos e a Festa da escuma foron os grandes triunfadores. Tamén tivemos merenda, xogos populares, globoflexia, pintacaras e discomóbil. Non houbo tempo para o aburrimento. Moitas grazas a tod@s @s que colaborastedes na organización do festival, a tod@s ás nais e pais e sobre todo aos nenos e nenas, que disfrutaron moitísimo no Anpa Fest 2023.

Continuar leyendoAsí foi o Anpa Fest 2023

Anpa Fest 2023 no CEIP A Ponte

O venres 16 de xuño celebramos a Festa de remate do curso escolar, organizada pola ANPA do CEIP A Ponte. Nesta nova edición, contaremos cunha chea de actividades para que @s cativ@s páseno de marabilla. ASISTENCIA: esta actividade é soamente para @s soci@s da ANPA do CEIP A Ponte, sempre que estean ao corrente de pago da cuota do curso actual. A entrada é GRATUITA para @s soci@s da ANPA do CEIP A Ponte. É imprescindible a RESERVA de praza. O prazo máximo para facelo é o día 14 de xuño ás 15:00h. Podedes facelo de maneira sinxela neste FORMULARIO     HORARIOS ENTRADA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa).  De 17.00 h a 17:15h : 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria.   De 17:15 h a 17:30h: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.   HORARIOS SAÍDA: pola porta do patio de Infantil (Parque Xesús Pousa). Educación Infantil sairá cando o determine a persoa responsable a cargo do nen@ e sempre antes das 20:00h. Ás 20:00h: 1º e 2º de Educación Primaria. Ás 20:15h: 3°; 4º; 5º e 6º de Educación Primaria.   SAÍDA ANTICIPADA: en horario de 18:30 a 18:45h. Necesaria autorización en caso de non ser a nai/pai/titor legal do neno/a. Nin antes nin despois se poderá recoller a ningún/ha nena/o. DÚAS FESTAS: unha vez no recinto do colexio, teremos dous espacios, separados por idades. Infantil e 1º + 2º de Primaria, estarán no patio superior. O resto de cursos, terán a festa no Polideportivo. ACOMPAÑANTE: @s nen@s de INFANTIL ou con NEE (Necesidades Educativas Especiais) terán que estar acompañados ou estar baixo a supervisión dunha persoa adulta: nai, pai, tutor legal ou responsable. As actividades deste ano aconsellan a supervisión dos máis cativ@s. No formulario encontraredes cómo facelo.  OBRIGATORIO: ao haber xogos con auga  é obrigatorio que as nenas/os veñan cunha mochila cunha muda, unhas chanclas e unha toalla.  **Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas (de 18:30 a 18:45) establecidas para elo. No formulario de inscripción encontraredes como facelo.  ¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal

Continuar leyendoAnpa Fest 2023 no CEIP A Ponte

Celebrando as letras galegas con Peter Punk

Para festexar un día moi especial no calendario escolar, o que celebra a nosa lingua nai, tod@s @s nen@s do colexio poideron disfrutar do espectáculo do artista polifacético Peter Punk, nunha actuación chea de circo, malabares, humor e clown. Desde os máis cativos ata os mayores do último curso no colexio, estiveron moi participativos e disfrutaron moito deste gran artista galego. Esta actividade está financiada íntegramente pola ANPA do CEIP A Ponte, e para tod@s @s nen@s do colexio.

Continuar leyendoCelebrando as letras galegas con Peter Punk

Peter Punk visita o colexio polas Letras Galegas

Con motivo da festividade das Letras Galegas, desde a Anpa do Ceip A Ponte queremos agasallar a tod@s @s nen@s do colexio cunha actuación cultural do coñecido artista Peter Punk. A data escollida será o xoves 18 de maio e terá lugar en horario escolar, nas instalacións do colexio. Peter Punk é un artista multidisciplinar, que combina circo, malabares, humor e clown, nun espectáculo dirixido ao público infantil e en galego. Unha actuación que fará as delicias de cativas e cativos, creando un universo propio no que a línea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo. **Esta actividade está íntegramente financiada pola Anpa do Ceip A Ponte.

Continuar leyendoPeter Punk visita o colexio polas Letras Galegas

Obradoiro Os Maios 2023

Desde a ANPA CEIP A PONTE queremos un ano máis dar a coñecer a festividade dos MAIOS dentro da nosa comunidade educativa, organizando un obradoiro para a confección de coplas e do Maio que se desenvolverá en 4 xornadas. Unha actividade pensada para a convivencia de pequenos/as, pais, nais e avós/oas, aínda que a participación pode ser individual. ¿Cómo me apunto?Podedes apuntarvos aquí ata o 27 de abril, cubrindo un sinxelo formulario. ¿Ten Custe?A actividade é de balde ¿Qué obxectivos ten a actividade?- Achegar a festa tradicional dos maios aos neno/as a carón das súas familias.- Coñecer a flora característica destas festas, realizando actividades divertidas e educativas.- Fomentar a relación interxeracional, escoitando tanto as propostas das/os nenas/os como as dos maiores.- Aprender a divertirse coa natureza. ¿Cando se desenvolve a actividdade?? Venres 28 abril, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte  17:00 - 17:30 =  ¿Qué son os Maios?  17:15 - 17:30 = ¿Qué son as Coplas?  17:30 - 18:30 =  Confección da Copla Venres 5 de maio, de 17:00 a 18:30h no CEIP A Ponte  17:00 - 17:30 =  Pensemos o Maio  17:30 - 18:30 =  Creando un Maio Sábado 06 de maio, de 10:30 a 12:30h  no CEIP A Ponte  10:30 - 11:15 = Desenvolvendo un Maio  11:15 - 11:30 = Xogos distendidos  11:30 - 12:30 = Rematando un Maio Domingo 07 de maio, de 10:30 a 13:30h na Rúa do Paseo  10:30 - 13:00 = Cantar as coplas a carón do Maio Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado. Animádevos a participar e que vivan os Maios!!

Continuar leyendoObradoiro Os Maios 2023