Día de Rosalía no Ceip A Ponte

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro no colexio, contamos con Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo, adaptado aos diferentes ciclos. A historia xirou en torno á figura de Rosalía pequeniña, unha nena valente e loitadora que desexaba cumprir os seus sonos, como todas e todos as/os nenas/os. Amenizada musicalmente cunha fermosa canción de Uxía: www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0 Unha actividade promovida pola ANPA do Ceip A Ponte, para darlle a coñercer as/os nenas/os a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galegas.

Continuar leyendoDía de Rosalía no Ceip A Ponte

Actividades de Entroido no colexio

Na semana do 13 ao 17 de febreiro, na antesala dos días fortes do Entroido na cidade, foron varias as visitas de máscaras tradicionais para dar a coñecer aos cativos/as algúns dos entroidos máis característicos da provincia de Ourense. Comenzamos o luns 13, coa visita de Paquita e Nicanor, máscaras típicas do Entroido de Seixalbo, no Concello de Ourense. En colaboración coa AV de Seixalbo e a Comisión de Festas de Seixalbo. O martes continuamos coa presenza no colexio do Boteiro de Viana do Bolo, e o seu fulión de bombos e aixadas. En colaboración co Concello de Viana do bolo.  E rematamos o xoves 16 coa visita das Pantallas de Xinzo de Limia, que fixeron as delicias de todos/as os nenos/as do Ceip A Ponte. Actividade en colaboración coa Asociación A Pantalla, de Xinzo de Limia. Para ensalzar tamén a gastronomía típica destes días, durante a mañán hobou reparto de orellas de Entroido polas aulas do centro, que tiveron un éxito total, xa que non quedou nin a primeira. O venres 17, tivo lugar un fabuloso DESFILE DE ENTROIDO, organizado polo colexio e onde participando todos os nen@s e coa temático do Circo, o maior espectáculo do mundo. Deixámosvos un video da comitiva entroideira, que desfilou polas rúas do barrio, ateigadas de xente para contemplar aos participantes. O luns de Entroido, unha numerosa representación de familias do Ceip A Ponte participaron no desfile do Entroido de Frei Canedo. Levaron a ledicia e a troula polas rúas do barrio, e sobretodo os/as nenos/as foron os que máis disfrutaron desta actividade.¡¡Viva o Entroido!!

Continuar leyendoActividades de Entroido no colexio

Entroido no Ceip A Ponte

Coñecendo o Entroido de Ourense.Esta semana, desde a ANPA Ceip A Ponte temos preparadas varias actividades, para dar a coñecer aos nen@s do colexio algunhas máscaras do Entroido da nosa provincia. Paquita e NicanorEntroido de Seixalbo. En colaboración coa AV de Seixalbo e a Comisión de Festas de Seixalbo. Luns 13 de febreiro. O Boteiro e o fulión. Entroido de Viana do bolo. En colaboración co Concello de Viana do bolo. Martes 14 de febreiro. A Pantalla.Entroido de Xinzo de Limia. En colaboración coa Asociación A Pantalla. Xoves 16 de febreiro.Este mesmo día haberá reparto de orellas de Entroido para tod@s @s nen@s (con e sen glute). Participación no Desfile de Frei canedo. Luns 20 febreiro.Información e inscripción neste formulario 👇https://bit.ly/3I2ezhM **Na confección deste cartel, usáronse imaxes da artista Iria Prol.

Continuar leyendoEntroido no Ceip A Ponte

O apalpador visita o colexio

O mércores 21 de decembro, o apalpador visitou o colexio, para facer unhas contadas e tamén darlles un agasallo aos nenos/as. Percorreu as diferentes aulas, durante toda a mañán, para achegar esta figura do Nadal tradicional aos alumnos/as do centro. Nos cursos de Infantil recibiron un puzzle dos Bolechas e en Primaria un conto en galego, adaptado á súa idade.Un agasallo da ANPA do Ceip A Ponte para todos os nenos/as do colexio. ¡¡BO NADAL!!

Continuar leyendoO apalpador visita o colexio

Pintamos o mundo de laranxa

Con motivo de celebración do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, a ANPA do CEIP A Ponte en colaboración co centro, celebrou un acto para clausurar o proxecto de Igualdade realizado este ano. No acto participou a artista ourensá 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐁𝐫𝐚𝐯𝐨 que acompañou o acto con música para poñer en valor este arte como medio de transmisión de mensaxes tan importantes como o NON A VIOLENCIA. Todo o alumnado do centro tivo a oportunidades de escoitala así como de elaborar un mural colaborativo pintando coas súas mans ou debuxando un mundo libre de violencia. Con este acto de clausura a ANPA pon fin ao proxecto Educando para unha sociedade mais igualitaria, agradecendo a todos e a todas a vosa participación.

Continuar leyendoPintamos o mundo de laranxa