Acto de clausura. Proxecto igualdade.

O venres 25 de novembro levouse a cabo no colexio o 𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐥𝐚𝐮𝐬𝐮𝐫𝐚 do Proxecto de Igualdade, que desenvolveuse durante o mes de novembro cos/coas nenos/as e familias da comunidade educativa do CEIP A Ponte. 🖥 Os/as alumnos/as visionaron un video-resumen dos 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 realizadas, disfrutaron da música en vivo de 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐁𝐫𝐚𝐯𝐨 e tamén construiron entre todos/as un 𝐦𝐮𝐫𝐚𝐥 colaborativo.

Continuar leyendoActo de clausura. Proxecto igualdade.

Obradoiro coas familias. Proxecto Igualdade.

🚸 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐜𝐨𝐚𝐬 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬Educar no bo uso das novas tecnoloxías🗓 Martes 15 de novembro⌚️ 19:00h📌 Salón de actos, CEIP A PonteDuración estimada: 90 minutos. **Actividade aberta a todas/os as/os nais/pais do colexio Formación para as familias do centro, enfocada a como axudar ás crianzas ao consumo de produtos audiovisuais/xogos que fomenten os valores da igualdade entre persoas, o non sexismo, a non violencia. 𝐈𝐌𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄: 𝐒𝐀𝐍𝐓𝐈 𝐑𝐄𝐘Presidente da Asociación educativa Atlantics,Codirector de #internetdetucolorfavorito.Divulgador de #seguridadtic #educación e #comunicación.Informático forense na policía científica do CNP en Galicia 𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈Ó𝐍 𝐎𝐍𝐋𝐈𝐍𝐄: https://bit.ly/3zzNsqA 𝐋𝐔𝐃𝐎𝐓𝐄𝐂𝐀:Esta actividade contará cun servizo de ludoteca para facilitar a conciliación familiar mentras as nais/pais acuden a acción de formación.Duración estimada: 90 minutos.

Continuar leyendoObradoiro coas familias. Proxecto Igualdade.

Magosto no colexio

Hoxe xoves tocou festexar no colexio o tradicional magosto. Houbo festa enxebre para tod@s @s nen@s en horario lectivo. A 𝐀𝐍𝐏𝐀 𝐂𝐞𝐢𝐩 𝐀 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞 colaborou co centro na organización do magosoto, subvencionando parte do menú magosteiro, axudando no reparto e aportando o grupo tradicional, para amenizar a festa. Non faltaron castañas asadas pola máquina castañeira, os bolos preñados e a bica. E todo elo acompañado pola música tradicional galega, tan típica da festa popular do San Martiño. ¡¡E que VIVA O MAGOSTO!!

Continuar leyendoMagosto no colexio

Obradoiros do Proxecto de igualdade

Na semán do 7 ao 10 de novembro, comenzamos coas actividades do 𝐏𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐈𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 no colexio, e a primeira etapa son os 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐜𝐨 𝐚𝐥𝐮𝐦𝐧𝐚𝐝𝐨. Os datos recollidos nunha enquisa inicial, lévanse aos Obradoiros, incidindo onde marquen as enquisas e onde abordarase a educación en igualdade, utilizando a gamificación. Cada obradoiro de 50 minutos consistirá nun xogo e na cocreación das conclusións finais de xeito colaborativo. Tedes toda a 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 ampliada e detallada na nosa WEB, na sección de Igualdade.

Continuar leyendoObradoiros do Proxecto de igualdade

Proxecto de Igualdade

EDUCANDO PARA UNHA SOCIEDADE MÁIS IGUALITARIADesde a ANPA do Ceip A Ponte, poñemos en marcha un PROXECTO DE IGUALDADE, enfocado ás familias e ao alumnado do centro, para traballar sobre os temas que máis lles preocupan, e recibir formación sobre como poder abordalos e coeducar aos seus fillos e fillas. Estas actividades terán lugar durante o MES DE NOVEMBRO DE 2022. Tedes toda a INFORMACIÓN ampliada e detallada na nosa WEB, na sección IGUALDADE

Continuar leyendoProxecto de Igualdade

Festa de Samaín

O VENRES 28 DE OUTUBRO celebraremos o SAMAÍN no colexio, e para elo desde a ANPA do CEIP A Ponte convidamos aos socios/as a unha Festa "terrorífica" e chea de troula. HORARIO DA FESTA: de 17:00 a 20:00h. ENTRADA pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa). INSCRICIÓN OBRIGATORIA para poder asistir á FESTA de SAMAÍN, podedes facelo neste formulario (pincha no enlace). PRAZO DE INSCRICIÓN: desde o xoves 20 de outubro ata o mércores 26 (ata ás 23:59). ACTIVIDADES PREVISTAS NA FESTA DE SAMAÍN: Túnel do medo Obradoiro de cabazas (IMPORTANTE: hai que traela da casa) Pintacaras de samaín Tatoos terroríficos Merenda + auga (Alerxias e intolerancias, marcadeo no formulario de inscrición) Troula musical NORMAS DE PARTICIPACIÓN NA FESTA DE SAMAÍN A hora de SAÍDA DA FESTA será escalonada. Pola porta do Patio de Infantil (Parque Xesús Pousa): 19:30 Educación Infantil19.45: 1º, 2º E 3º de Educación Primaria20:00: 4º5º 6º de Educación Primaria Deben de vir ACOMPAÑADOS/AS os/as nenos/as de 4º Infantil e nenos/as con necesidades especiais, da súa nai/pai ou titor legal. Esta actividade é gratuita para todos/as os/as socios/as da ANPA do CEIP A Ponte (necesario estar ao corrente de pago da cuota para o curso 2022/2023). A merenda constará dun bocadillo, botella de auga e biscoito. Para alerxias e intolerancias, encontraredes unha opción no formulario de inscrición para facelo constar. Buscaremos un menú adaptado ás necesidades concretas. ESTÁ PROHIBIDA A ENTRADA DE: máscaras que tapen a cara, teléfonos móviles, e calquer complemento que poida causar algún dano, tales como: espadas, paos, cadeas,... **Os nenos/as de 6º de Primaria poderán abandoar a festa de maneira individual, nas horas establecidas para elo (19:30 a 20:00), aportando autorización da nai/pai ou titor legal. ¿TEDES ALGUNHA DÚBIDA? Podedes contactar connosco vía mail: directiva@aponteanpa.gal

Continuar leyendoFesta de Samaín