COMUNICADO Campamento Concilia

En relación ao Campamento Concilia que desenvolve a ANPA do CEIP A Ponte, queremos comunicarvos que vimos de recibir a notificación da 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐬𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐚𝐱𝐮𝐝𝐚 solicitada para esta actividade, tanto de xuño como de setembro, polo que nos vindeiros días procederemos á devolución do depósito realizado na quenda de xuño. De cara á quenda de setembro, que terá lugar do luns 2 ao venres 6, recordarvos que está aberto o prazo de inscrición ata o 28/08/24 ás 23:59h. ** Unha vez concedida a axuda, para o campamento de setembro non fai falta realizar ningún depósito. 👉 Formulario de inscrición: https://forms.gle/QiwMvWGprroCWRQC9

Continuar leyendoCOMUNICADO Campamento Concilia

ANPA FEST 2024

A data de celebración do ANPAFEST 24 será o 14/06/24 nas instalacións do CEIP A Ponte, a continuación pasamos a detallar programa, horarios e normas para a participación das nenas/os nesta festa.

Continuar leyendoANPA FEST 2024

Teatro polas Letras Galegas

O martes 14 de maio disfrutaron tod@s @s nen@s do colexio dunha actuación teatral con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas. A compañía "A Run Run Teatro" fixo varios pases, para as diferentes idades, dunha obra adicada a Lucía Villalta, para achegar a súa figura aos escolares do CEIP A Ponte.

Continuar leyendoTeatro polas Letras Galegas

Festa dos Maios 2024

O domingo 5 de maio tivo lugar a Festa dos maios na cidade de Ourense, participando nesta xornada festiva cun maio tradicional na categoría de "Maio infantil" e tamén un Maio artístico, elaborados polos nenos/as que acudiron ao obradoiro organizado pola Anpa, en colaboración coas súas familias.   Nun día moi desapacible e con choiva, estivemos situados nos soportais da Praza Maior. Durante toda a mañán os nenos/as estiveron disfrutando do ambiente da festa dos maios e cantando as coplas para o público. Tamén o fixeron para o Xurado desta edición, que tomou boa conta do bo facer dos cativos/as.

Continuar leyendoFesta dos Maios 2024