Educando para unha sociedade máis igualitaria

A ANPA do Ceip A Ponte, neste curso 2023/2024, desenvolverá un proxecto coas familias e o alumnado do centro, para traballar sobre os temas que máis lles preocupan, e recibir formación sobre como poder abordalos e coeducar aos seus fillos e fillas. Estas actividades terán lugar durante o mes de novembro, durante varias xornadas, con diferentes enfoques segundo as idades dos nen@s. Este ano o proxecto crece para realizar máis actividades a través das que profundar en conceptos clave que son os piares dunha sociedade máis igualitaria. Para iso desenvolveremos obradoiros co alumnado e coas familias así como un acto final de sensibilización polo 25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Atoparedes iinformación máis detallada na sección de IGUALDADE da nosa web.

Continuar leyendoEducando para unha sociedade máis igualitaria

Magosto no colexio

O venres 10 de novembro tocou festexar no colexio o tradicional magosto. Houbo festa enxebre para tod@s @s nen@s en horario lectivo. Desde a ANPA do CEIP A Ponte colaboramos co centro na organización do magosto, subvencionando parte do menú magosteiro, axudando no reparto e aportando o grupo tradicional, para amenizar a festa. Non faltaron as castañas asadas pola máquina castañeira, os bolos preñados e a bica. E todo elo acompañado pola música tradicional galega, tan típica da festa popular do San Martiño. ¡¡E que VIVA O MAGOSTO!!

Continuar leyendoMagosto no colexio

Así foi a Festa de Samaín

O pasado venres 27 de outubro celebramos no colexio a FESTA DO SAMAÍN. A choiva respetounos e poidemos levar a cabo todas as actividades previstas sen contratempos. Todos @s nen@s asistentes pasárono en grande e disfrutaron de 3 horas de troula e moito "medo", especialmente no túnel do medo, que foi a actividade estrela da festa. Moitas grazas a tod@s os pais/nais presentes, aos Pontevoluntari@s, aos membros da Anpa, ao equipo directivo do colexio pola súa colaboración, aos proveedores da diferente loxística e de maneira especial ao equipazo de Yuka Animación por un estupendo e profesional traballo. ¡¡Viva o Samaín!!

Continuar leyendoAsí foi a Festa de Samaín

Convocatoria Asemblea Ordinaria da Anpa

DATA: xoves 19 de outubro de 2023HORARIO: 1ª convocatoria: 18:30 horas; 2ª convocatoria: 19:00 horasLUGAR: Salón de actos do CEIP A PONTE ORDE DO DÍA Lectura e aprobación, se procede, da Acta Anterior Avaliación do Curso 22/23:Memoria de actividadesEstado de contas Renovación cargos da Xunta directiva. Curso 23/24Informe de situaciónProposta de actividadesOrzamentoPontevoluntaria/o Varios. HABERÁ SERVIZO DE LUDOTECA PARA FACILITAR A ASISTENCIA Á ASEMBLEA

Continuar leyendoConvocatoria Asemblea Ordinaria da Anpa